29 noviembre 2007





Ca
miñaba sen rumbo, mirando ao chan, por só atreverse a soñar... e soñaba... imaxinaba... e era capaz de ver o brillo dos seus ollos ao dicirlle canto o amaba... soñaba cos seus abrazos en tardes frías para intentar darlle calor... e co seu sorriso ao sentir latexar o seu corazón tan forte como as súas pisadas.. "ilusa de si" repetía... pero imaxinaba un futuro no que sempre ía con el da man... e xa perdida entre as rúas e entre soños decidiu volver á realidade... ata agora tan só vira grises e sucias pedras, follas sen vida caídas de árbores, papeis que movía o vento dunha punta a outra da cidade... os seus pés cansos... levanta a vista..E alguén lle susurrou ao oído: "Ás veces soñas... e cres que nunca se cumprirán eses soños... e réndeste facilmente, ata te enfadas contigo mesmo.. pero non é certo.. algún día sen esperalo conseguirás aquilo que tanto desexas, por moi difícil que che pareza... EU conseguín o AMOR!"

No hay comentarios: