25 febrero 2008

. . . Amizade . . .


" Soa o espertador. Outra vez é luns. Dou outra volta na cama, non me apetece saír da casa e dar paso á interminable rutina de sempre.
Levántome, prepárome, collo as cousas e aínda con sono marcho cara clase.
Aínda non chegou ninguén, deixo a carteira e quedo no radiador ata que se achegue a hora de dar clase.
Miro pola ventá mentras quento as mans; hoxe non para de chover e de vez en cando a auga peta nos cristais por causa do vento; pero de pronto, unha voz suave e doce saúdame cun sorriso.
Sentamos na mesa e comenzamos a falar, de súpeto doume conta que está parando de chover . . .
. . . sentadas no banquiño do patio escoitamos música e falamos; falamos dos pequenos detalles da vida e rimos, rimos coma dúas enanas.
É entón cando me dou conta que se non viñera perdíame todo esto, que grazas a ti son capaz de comprender á xente, a rirme máis a miúdo, a non tomarme as cousas tan a peito. Grazas aos teus abrazos axúdasme a seguir adiante e non quedarme atrás. Grazas aos teus sorrisos paso os mellores recreos e grazas á túa amizade o día comeza a clarexar ".
---------------------------------
Grazas Inés por este relato, encántame.
E que dicir de ti? Grazas por estar aí sempre. Simplemente es única.

1 comentario:

Anónimo dijo...

holitas ana!!!
q tal todo??
Veo q te gustó el relato y eso me alegra jeje!!
espero que lo estes pasando bien en estas mini-vacaciones!!
venga un besazo!!