- aprendín... que cando estás namorado, nótase...
- aprendín... que unha persoa dicíndome: "Alegráchesme o día"...alegra o meu día.
- aprendín... que sempre
podo rezar por alguén, cando non teño outro modo de axudalo.
- aprendín... que non importa como de seria sexa a vida, todos necesitamos un amigo co que podamos rir ás gargalladas.
- aprendín... que algunhas veces todo o que unha persoa necesita é unha man que soster e un corazón que entender
- aprendín... que a vida é como unha espiral. Canto máis se achega o final, máis rápido camiña.
- aprendín... que debemos estar felices porque Deus non nos dá todo o que pedimos.
- aprendín... que esas pequenas cousas que pasan diariamente, son as que fan a vida espectacular.
- aprendín... que debaixo do duro escudo das persoas, hai alguén que quere ser aprezado e amado.
- aprendín... que Deus non fixo todo nun só día... Que me fai pensar que eu podo?
- aprendín... que ignorar o feito... non cambia os feitos.
- aprendín... que é o amor, non o tempo... o que cura todas as feridas.
- aprendín...que cada persoa á que coñeces, merece ser obsequiada cun sorriso.
- aprendín... que ninguén é perfecto... ata que te namoras de alguén.
- aprendín... que as oportunidades nunca se perden, alguén máis tomará aquela que ti deixaches pasar.
- aprendín... que desexaría poder dicirlle á miña nai canto a amo unha vez máis, antes de perdela para sempre.
- aprendín... que un debe dicir palabras suaves e tenras, porque máis adiante podes ter que tragalas
- aprendín... que un sorriso, é o xeito máis barato, de lucir moito mellor...
- aprendín... que non podo elixir como me sinto, pero podo elixir que fago con respecto a iso.
- aprendín... que todos queren estar no cume da montaña, pero que toda a felicidade e as experiencias agradables, suceden mentres se escala cara a ela.
¡¡ Sorrí !! Alegrarás o corazón das persoas ao teu redor.
A FELICIDADE É UN TRAXECTO, NON UN DESTINO ¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario